CUAC FM convoca un novo curso de formación continua sobre “Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda”.
Data e hora de celebración: Luns 11 de abril de 19:30 a 21:00.
Se queres inscribirte, envía un correo a formacion@cuacfm.org ata o sábado 9 de abril (incluído).
PROGRAMA:
Título: Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda.
Docente: Álex Cortiñas, membro da Coordinadora de Tecnoloxía. CUAC FM.
Que vou aprender: Cómo facer gravacións usando o estudo Alexandre Bóveda.
Temario:
- Uso da mesa de gravación do Alexandre Bóveda.
- Uso do módulo telefónico.
- Gravar e exportar audio co programa de edición “Audacity”.
- Edición básica.
Material necesario para asistir ó curso: non é preciso traer ningún material especial.
Duración estimada: 1,5 horas.
Lugar da celebración: CUAC FM. Estudio Alexandre Bóveda, Lisboa 6, Campus da Zapateira, 15008 A Coruña.
Número de prazas: 4 prazas dispoñibles.
O curso é exclusivo para socios e socias de CUAC FM.
INSCRICIÓN:
Para inscribirse no curso é preciso enviar un correo electrónico a formacion@cuacfm.org ata o sábado 9 de abril (incluido).
Criterios de selección:
As prazas son limitadas, e na inscrición darase preferencia a unha persoa por programa e as persoas que teñen solicitado a formación previamente.