taller_formación_cuac

Foto: Escola de Radio de CUAC FM. Sala de formación técnica.

Este sábado 9 de abril, ás 11:30 da mañá comenza un novo curso de formación de iniciación á radio impartido polo equipo de formadores de CUAC FM.

Se queres facer un programa de radio en CUAC FM, a nosa emisora dache a oportunidade de comezar con nós o ciclo de iniciación á comunicación radiofónica. Aínda quedan prazas libres!!

A formación realízase con carácter mensual e conta cunha duración aproximada de 10 horas (6 teóricas + 4 prácticas).

CONTIDOS

A programación do curso de radio estrutúrase en 4 módulos:

  • Sábado 9 de abril. 11:30 horas. Módulo 1: Asociacionismo e Medios Comunitarios (2 horas).
  • Sábado 23 de abril. 10:30 horas. Módulo 2: Xornalismo e produción radiofónica (2,5 horas).
  • Sábado 30 de abril. 12:00 horas. Módulo 3: Locución radiofónica e control técnico. (2 horas).
  • Maio. Módulo práctico (participación nun programa de CUAC FM)

 

MÁIS INFORMACIÓN:

comunicacion@cuacfm.org

formacion@cuacfm.org

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.