O venres 8 teremos o segundo concerto do Ciclo Música Contada que organizamos con motivo do noso XX Aniversario. Nesta ocasión disfrutaremos da presentación de Brais Morán que acaba de editar o seu disco “Cruzando o eclipse”, temas compostos por Brais e interpretados en galego como leva facendo ao longo da sua traxectoria musical. No ciclo, os músicos contan historias sobre as suas cancións e sobre a sua relación coa música e, ademáis, o público pode facer preguntas.
Coñecido por moitos pola sua traxectoria como voz e guitarra de Loretta Martin, nós coñecemos tamén a Brais Morán pola sua participación no programa Recendo da nosa emisora.
O concerto será no Baba Bar (rúa José Luís Pérez Cepeda 23) o venres 8 de abril ás 22:3o horas. Custa 5 euros ou 2 para socias e socios de CUAC FM. Así soa a sua música.