Este mes, en CUAC FM, damos a benvida a un programa que volve despois de tomarse uns aniños de descanso e que emiten hoxe ás 22 horas… SOPAS CON ONDA!
Falamos con un dos seus compoñentes, o amigo Víctor Grande que así nos describe a súa nova andaina en Cuac Fm.
Chamámonos Sopas con Onda e, oficialmente, esta será a nosa sétima tempada, pois na anterior etapa chegamos aos 6 anos de emisión, con cen programas ás nosas costas.
Nesta tempada acompañaranme Pedro Brandariz, Luis Pousada e Iria Fabeiro. Entrará en breve algún colaborador máis, pero estamos negociando o seu contrato millonario.
Victor, cóntanos algo de vos…
Somos unha panda de cómicos que cos anos, fixémonos amigos. Ademáis todos somos vellos cuáqueros, xa tivemos programa ou participamos en CUAC no pasado.
Decidimos retomar aquel vello proxecto de Víctor, Sopas con Onda, para quitarnos o gusaniño da radio. Xa sabedes, unha vez que se proba… xamáis o queres deixar.
Iria, Luis máis eu nos temos pasados horas e horas nesta emisora no pasado. Pedro Brandariz foi colaborador en múltiples ocasións en varios programas de CUAC e coñece mo ben o “espíritu cuáquero”.
Con estes integrantes, o programa ten que ser de coña, non?
É un magazine de humor ao que lle queremos dar un toque de late night radiofónico, aínda que estamos aterrizando.
Temos un bloque de actualidade local (e visitante), outro no que falamos de series, música que xamáis debeu ter existido e tamén estamos preparando sketchs e outras pílulas radiofónicas que salpicarán o programa para facelo rápido e dinámico.
Que lle dirías á audiencia de CUAC FM para que o deixen todo e sintonice Sopas con Onda?
Diríamoslles que non o deixen todo! Por exemplo, que non deixen de respirar, porque se non respiran morren e no máis alá non hai nin Internet nin frecuencia modulada.
Polo demáis, diríamoslles que escoitar Sopas con Onda reduce o nivel de colesterol, está recomendado por 9 de cada 10 dentistas e provoca un aumento progresivo do sex-appeal do oyente. A que non se pode pedir nada máis?