CUAC FM emite dende hoxe 8 de Marzo de 2016, día Internacional da Muller Traballadora, e todo o mes de Marzo, a reportaxe elaborada por CUAC FM “Os dereitos da muller a exame. Discriminación laboral, violencia de xénero e trato discriminatorio cara as mulleres na sanidade pública“.
A reportaxe conta coa participación de María Castelo, Mónica Rodriguez Ponte (UGT), Margarida Corral Sánchez (CIG) e a Plataforma A Coruña polo Dereito ao Aborto.
Esta reportaxe de CUAC FM forma parte da campaña Women’s Voices, (Voces de Mulleres), unha serie radial internacional producida con apoio desde o Fondo Global para as Radios Comunitarias de AMARC e a ONG Bread for the World.
Unha producción de Cuac FM con Isa Lema, Jose Lemur, Beatriz Gonzalez de Canales e Chema Casanova