Vídeo by Tomi Desastre
Isabel Risco e Xurxo Souto foron os encargados de inaugurar os actos do XX Aniversario cun magnífico e emocionante pregón dende o balcón do local da A.C. Alexandre Bóveda, coa que CUAC FM comparte local social na rúa Olmos 20.
O vídeo do pregón aínda está en producción (virá, tranquilidade) pero xa podes escoitar de novo o PREGÓN ÍNTEGRO no seguinte AUDIO:
Ademáis, aproveitando a ocasión, CUAC FM fixo un programa especial de “Xeración Bravú” no que durante máis de unha hora Rodri Gil e compañía entrevistaron ás estrelas convidadas da mañá (os nosos dous pregoeiros), a amigos da emisora, ex-socios, ex-presidentes, e socios actuais que recordaron as súas mellores (ou peores) experiencias ao longo destes 20 anos de historia da Radio Comunitaria da Coruña.
Polos micros de CUAC FM pasaron Víctor Grande e Isa Lema, Isa Risco e Xurxo Souto, Luís Yera, Fernando Molezún, Javi Fraguel, Tomi Desastre e Ozzy de Castro.
Participaron na producción e realización do programa: Alex Cortiñas, Mariano Fernández, Chema Casanova, Isa Lema, Bea Ulalume, Roberto Ansede, Dani Maverick, Tomi Desastre, Tono Galán (videomaker) e, por suposto, os rapaces de Xeración Bravú: Rodrigo Gil, Martín Arceo, Almudena Eced e o seu convidado Miguel Patiño.
Moitas grazas ao publico asistente no directo, no que nos acompañaron amigos e compañeiros como Antonio Prado, Mary Carmen Vivas, Chema, Iverson, Javi Pereira, Carlos Reguera, Alex, Jorge e Adri “Sin Etiquetas”, e moitos máis.
Podes escoitar o programa íntegro de Xeración Bravú no seguinte enlace: