Xa estamos a 1 de febreiro e CUAC FM presenta a nova grella de programación de Febreiro. Con 30 horas de producción en directo e e 12 colaboracións externas.
Unha programación na que podes atopar coñecidos programas de análise política e social coma El Desinformativo, Alegría, Simplemente Gente e Cuac está a Pasar.
Sen esquecernos de programas especializados en cultura galega –Recendo– e axenda cultural local- Café con Gotas e Ondas do Cárcere-, educativos-A Fume de Carozo-, no mundo seriéfilo- Spoiler– e os deportes, por suposto os luns polo serán de man de Falso Nueve.
Os magazines están de moda en Cuac FM, de luns a domingo, as entrevistas e seccións máis orixinais de Cuac veñen da man de Sin Etiquetas, Radioactiva, RqueR, Xeración Bravú, Dentro de Un Orden e Radiantes FM.
E non menos importante, a música, para todos os gustos e para os oídos máis sensíbeis. En CUAC FM poderás escoitar programas especializados en música clásica “Una Noche en la Ópera ou Rock & Roll, “Circo Pirata“ e “mi rollo es el rock“. Estarás ao tanto da actualidade musical con “Fantasma Accidental“, escoitarás as versións sonoras propostas por “Reversión“; o último da música electrónica da man de Multiplex, e o mellor programa de música latina: “Azúcar Habanero“.
Aínda queda espazo na nosa grella para que poidas facer o teu programa de radio. Tes ideas que traernos ao 103.4 da FM coruñesa? Mándanos un email a comunicacion@cuacfm.org e contanos a túa idea!