A vinculación da radio e a música é innegable. Cantas cancións coñeces grazas á radio?  CUAC FM leva organizando concertos dende 1996. Agora, con motivo deste XX Aniversario teremos un ciclo titulado Música Contada. A idea é centrarnos nun formato con un ou dous músicos en escea, moitos deles con vinculación con CUAC que podan falar con calma das suas cancións e tamén responder as preguntas dos asistentes.

Xa temos confirmado a Paris Joel (que ademáis é locutor e técnico de Radio Oleiros) para o iniciar o ciclo o xoves 10 de marzo. En abril teremos a Javier Prado (ex-cuackero) con Belém Tajes co seu proxecto de blues en galego “O Cadelo Lunático”. En maio recibiremos a presentación do terceiro disco de Mundo Chillón, un artista difícil de clasificar, que edita este traballo co selo de Pablo Carbonell, El Gran Wyoming entre outros “18 chulos”. Tamén teremos a Silvia Penide, Manu Clavijo, César de Centi (todos foron compañeiros da emisora). Seguiremos informando.

As entradas serán de 5 euros e prezo reducido para as persoas asociadas a CUAC  (2 euros).

paris

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.