Foto da asamblea de cuac fm

Foto da asamblea de cuac fm

O Colectivo de Universitarios Activos- CUAC- , asociación cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM, celebrará o sábado 30 de xaneiro a asemblea ordinaria de 2016 e a primeira asemblea extraordinaria do ano, á que están convocadas as persoas asociadas.

A asemblea está tamén aberta a calquera persona (non socia, colaboradora, simpatizante…) interesada en participar no proxecto.

A asamblea comezará ás 11 da mañá no Centro Ágora (Ventorrillo, detrás do Instituto Agra I). Na asemblea informarán do estado das contas, do realizado no 2015 o cumplimento do Plan Estratéxico e das actividades realizadas polas diversas coordinadoras que xestionan CUAC. Tamén ofrecerán explicacións de como se pode entrar a formar parte da radio comunitaria.

CONVOCATORIA

Asemblea Xeral Ordinaria

Lugar: C.U.R. (Centro Universitario de Riazor, fronte a Casa da Auga) Aula 1
Hora: Primeira convocatoria 10:45.  Segunda  convocatoria: 11:00

Orde do día.-
1.- Exposición e aprobación se procede das contas do exercicio 2015.
2.-  Exposición e aprobación se procede do orzamento do exercicio 2016.

Asemblea Xeral Extraordinaria
Lugar: C.U.R. (Centro Universitario de Riuazor, fronte a Casa da Auga) Aula 1
Hora: (a continuación da asamblea ordinaria)

Orde do día.-

1.- Informe do traballo das coordinadoras. Seguimento do plan estratéxico.
2.- Plan de actividades 2016: 20 aniversario cuac fm.
3.- Eleccións á xunta directiva de Cuac. Calendario electoral.
4.- Rogos e preguntas

Documentos de consulta.-

Para dúbidas e envíos de delegación de voto: orgest@cuacfm.org

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.