Julio AbaldeDaniel PenaELECCIÓNS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O vindeiro 3 de decembro de 2015 celébrase na Universidade da Coruña as eleccións á reitoría, que escollerá ao reitor e á equipa que gobernará a universidade nos vindeiros catro anos.

DEBATE EN CUAC FM

Dentro da cobertura especial de CUAC FM, mañá sábado 28 de novembro ás 12: 00 do mediodía, Julio Abalde e Daniel Pena, os dous candidatos á reitor, visitarán os estudos de CUAC FM para participar nun DEBATE sobre os programas de goberno da UDC para os vindeiros catro anos.

 O debate poderase seguir no 103.4 da FM (A Coruña) e a través do noso streaming na web https://cuacfm.org/directo

PREGUNTA AOS CANDIDATOS!

Se eres membro da Comunidade Universitaria o se tes interese en coñecer algunha das propostas de Julio Abalde ou Daniel Pena, podes deixarnos as túas preguntas dende xa neste mesmo blogue  ou nas nosas redes sociais:

FACEBOOK: https://www.facebook.com/cuacfm

TWITTER:@CuacFM

ESCOITA AS ENTREVISTAS A ABALDE E PENA.

Así mesmo, CUAC FM realizou sendas entrevistas en profundidade para coñecer mellor aos candidatos e ás súas propostas de goberno que podes escoitar ou descargar na seguinte páxina:

https://cuacfm.org/eleccions-udc-2015/

  1. Carlos Amoedo says:

    Profesor Pena,

    No seu centro, vostede defende a excelencia do seu alumnado da EPS cunha alta taxa de suspensos.
    Mentres tanto, vostede carece de sexenios de investigación, que hoxe acreditan a excelencia investigadora, mentres que o candidato a reitor de Nova Luce, Julio Abalde, ten cinco sexenios recoñecidos.
    Considera que suspender moito e investigar pouco é o que necesita a UDC para ter futuro?

  2. Carlos Amoedo says:

    Profesor Pena,

    A actual equipa de goberno, e en especial o seu vicerreitor de investigación e transferencia, doutor Ricardo Cao, ven de poñer en marcha a unidade mixta Navantia-UDC, nomeándoo a vostede director da unidade.
    Como valora esta unidade mixta?
    Como valora o seu nomeamento como director?
    Considera que a actual equipa de goberno se comporta de xeito sectario, como acusan moitos dos seus apoios?

  3. Para o profesor Pena:
    Que sentido ten a creación dunha nova Vicerreitoría de Comunicación? Non corremos o perigo de facela unha especie de departamento de propaganda ao servizo dos inquilinos da Reitoría? Non supón un gasto superfluo que se debería evitar? Non se pode chegar ao contorno para mellorar a imaxe a través das estruturas actuais da UDC?

  4. Cales son as diferenzas que existen entre as políticas de PDI entre os dous candidatos? É unha confrontación entre os que priorizan a estabilización do profesorado (Abalde) vs os partidarios da promoción dos que xa están estabilizados (Pena)?

  5. Impulsarán os dous candidatos os traballos da comisión creada para a racionalización das estruturas académicas e comprométense a levar a cabo as súas conclusións?

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.