Os coordinadores de tecnoloxía de CUAC FM, Chema Casanova e Fernando Souto presentaron o pasado venres 5 de xuño na cidade de Halle, Alemaña, unha ponencia nomeada “dende a grabación analóxica manual ao “Radioco”, un software libre para a grabación automática dixital da emisión en directo en CUAC FM” (“From manual analogical recording to Radioco, our Free Software automatic digital archiving of live broadcasting system at CUAC FM”).
Nun encontro organizado pola emisora comunitaria RADIO CORAX, e no que participaron máis de cincuenta representantes de radios comunitarias e investigadores de toda Europa, CUAC FM, a radio comunitaria de A Coruña, fixo unha presentación da evolución do modelo de arquivo sonoro dende a súa fundación, en 1996 ata o momento actual.
Lonxe quedan xa aquelas gravacións en “casettes” que os primeiros locutores de CUAC facíamos dende as nosas casas. A chegada do primeiro ordenador foi unha revolución para CUAC FM, así como o primero programa de grabación automática (escrito por @ficiverson), ata chegar ao novísimo “RadioCO”, o novo programa de gravación automática da nosa emisora, actualmente en probas, grazas ao estupendo traballo de Iago Veloso.
CUAC non foi a única participante dun interesantísimo encontro sobre arquivado sonoro, no que se presentaron diversos proxectos, webs e investigacións a nivel europeo. Podedes ver algunas das fotos do evento na web da conferencia, consultar o programa do evento, e descargar algún dos materiais editados pola organización.
Consultar (en inglés) a presentación elaborada por Fernando Souto e Chema Casanova e presentada no CAPTCHA.
“Esta charla trata sobre as leccións aprendidas ao longo dos anos de gravación dixital de audio, arquivo e publicación de medios sonoros, da programación da gravación, sincronización horaria e a súa integración ca nosa app móbil. Imos amosar a evolución e o impacto da tecnoloxía na forma de xesionar a nosa organización e como pode mellorar a calidade dos contidos. Imos presentar o noso sistema de programación de gravación de emisións de radiodifusión recentemente desenvolvido e actualmente en probas en CUAC FM.
Radioco, desenvolvemento realizado por Iago Veloso para CUAC FM, está dispoñible como código aberto con licenza GPLv3 en http://radioco.org/about/, o sistema de gravación pode incluso executarse nunha Raspberry Pi como solución de baixo custo. Radioco xestiona automaticamente o audio desde que o programa se emite ata que é publicado inmediatamente na web en formato OGG. Radioco foi deseñado para ser xestionado dende un navegador web e permite xestionar a programación da emisora de radio, gravar os programas en directo, publicalos na Web, e actualizar a información do RSS do podcast de cada programa.
Descargar a presentación “CAPTCHA-2015-Livingarchives-From manual analogical recording to RadioCo” (PDF) (ODT)