Esta semana estamos de celebración. O Colectivo de Universitarios Activos, a asociación cultural propietaria da Emisora Comunitaria CUAC FM cumpriu o pasado luns 20 anos!!!
Un 15 de xuño de 1995 quedaba constituida por oito persoas (e unha na sombra), todas estudantes da UDC, entidade que nos cede as nosas instalacións (grazas!) o Colectivo de Universitarios Activos. Para celebralo, o pasado luns xuntámonos nun acto informal con moita da xente que o fixo posible, como algúns dos socios e socias fundadoras ou as presidentas/es da asociación ao longo destes 20 anos. Alí estiveron Josito, Nito, Tomi, Mariano, Roberto Garea, Fernando Molezún, Isa Lema, Laureta, Javi Fraguel, Hugh McGinley, Ozzy De Castro (Marcos Fernandez votámoste de menos), socios de toda a vida como Pablo Rubén, Alfonso e Alberto de Cosecha’78, Bea Ulalume, Iverson, Noel e Julia, recén chegados, como Mariquiña, Paula e Luís… E incluso pequenos cuacqueros, unha nova xeración de locutoras/es is comming!
A festa continúa hoxe pola tarde nun “brindis de fin do ano radiofónico” no local social da asociación, na rúa Olmos (nº 18-20 1º). Ademáis de celebrar un gran ano para CUAC FM e planificar a vindeira tempada 2015-2015, o noso compañeiro de Falso Nueve CHUSCO SOMOZA deleitaranos cun monólogo humorístico, moi a tono co programa que presentan 🙂
Entre os actos conmemorativos do 20 aniversario, CUAC convocou o XVII Concurso de Maquetas (con 1500 euros en premios), celebrou un obradoiro de iniciación á radio no Centro Ágora e patrocinou o concerto de THE TRUNKS (gañadores do premio á mellor banda local no noso concurso de maquetas de 2014).