CUAC FM celebrou o XX aniversario do día da ciencia da rúa cun programa especial en directo, dende o parque de Santa Margarida da Coruña, de tres horas de duración. Os podcast do programa podense escoitar xa na nosa web: https://cuacfm.org/dia-da-ciencia-na-rua/
Neste programa especial 2015, conducido por Isabel Lema e Samuel Cao, conversamos coas responsables do Museo da Ciencia e da Tecnoloxía (MUNCYT), Marián del Egido e Ana Correas Galán, co presidente de GEAS, Manuel Pardavila, así como con Joana Magallanes e Eva Poveda, investigadoras do INIBIC. Na segunda metade do programa interviron Santiago Parra, director do Instituto Oceanográfico da Coruña e Javier Novelle, presidente da asociación de amigos da casa das ciencias.
Os xóvenes investigadores tiveron tamén o seus momento estelar diante dos micrófonos de CUAC FM, como o alumnado do IES David Buján de Cambre, IES de Elviña, Maristas, CPI Otero Valcarce de Carral, ou o Colexio Montespiño. Non nos esquecemos tampouco dos nosos veciños de jaima, Pedro García, de BRICOLABS e Florencio, representante da Asociación Galega de Xadrecistas.
Agradecémoslle, finalmente, a Déborah García Bello, premio Bitácoras 2014, a súa colaboración con este programa especial e a Gema Millán, por esos fantásticos separadores científicos que nos permitiron coñecer, un pouco máis, sobre a vida de sete mulleres científicas.