SKIRL gaña o XVI Concurso de Maquetas de CUAC FM e Le Stomp obtén o segundo posto
A Sala Mardi Gras da Coruña acolleu o sábado 11 a final do XVI Concurso de maquetas da radio comunitaria da Coruña destinado a artistas de todo o estado español. Este ano recibíronse case cen traballos e o xurado seleccionou para a final a SKIRL de Pontevedra e LE STOMP de Barcelona. Durante a noite entregouse tamén o Premio á mellor Banda Local que gañaron os sadenses THE TRUNKS nesta edición. En total, CUAC repartiu máis de 1.500€ en premios en metálico para os premiados.
Tras ás potentes actuacións das duas bandas finalistas, impuxose a banda galega SKIRL cun directo moi potente, influenciado polos sons dos 90 e máis rodados en directo que os cataláns que tamén demostraron que teñen un gran potencial con cancións de estructura orixinal.
Con este concurso continua o apoio que se fai dende a Radio comunitaria coruñesa polos novos creadores dende a sua fundación en 1996.
Esta edición contou coa colaboración dos locais da cidade: A franxa, Aquí mismo, Área crítica, Cazuza, Ciber Club Don Bosco, Faluya, Filomatic, Fuzz y Uptown.
Grazas a tódolas bandas por participar. As vosas cancións serán difundidas na nosa emisora.