XX CONCURSO CUAC FM PARA BANDAS E SOLISTAS

Bases do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM


Cuac FM, a Radio Comunitaria da Coruña ven de publicar as bases para participar na XX edición do Concurso de Bandas e Solistas , de diversos estilos musicais, con excepción da música clásica. O principal  obxectivo será o de fomentar a cultura musical na nosa contorna, dándolle un valor engadido á música local, ainda que o concurso está aberto a bandas de todo o estado español.

Alcanzamos este ano a vixésima edición e incorpórase, como novidade con respecto a edicións anteriores, un premio específico á ​ Mellor Canción en Galego grazas, un ano máis, á colaboración do Concello da Coruña no financiamento deste concurso.

O XX Concurso CUAC FM de Bandas e Solistas rexerase polas seguintes BASES:

Galego: Bases XX Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM 2018

Español: Bases XX Concurso de Bandas y solistas CUAC FM 2018

A data límite para inscribirse correctamente e enviar as cancións é o 10 de xuño de 2018 ás 14 horas​ . O xurado escoitará dous temas por banda sen coñecer a quen pertencen.

FALLO DO XURADO: 

Fallo do Xurado do XX Concurso de Bandas e solistas CUAC FM Fase 1  4 Bandas galegas gañadoras do premio de 600 euros e participación no escenario principal do Festival Noroeste Estrella Galicia.

INSCRIPCIÓN: 

Para inscribirvos, cumprimentade este FORMULARIO

Para solventar dúbidas enviade un email a: concursobandas@cuacfm.org

 

ORGANIZA: 

 

COLABORA: