De esquerda a dereita: Yolanda Golías, Sara Guerreiro, Isabel Lema Blanco, Javier Parapar e Miguel Ángel Alonso.

A Intelixencia Artificial ten múltiples utilidades nunha ampla diversidade de campos, mais tamén o uso masivo de certas ferramentas plantexa novos riscos e retos, como, por exemplo, a infrarrepresentación de linguas como o galego na intelixencia artificial xenerativa.

Para coñecer en profundidade como funcionan estas IAs e o impacto que teñen na educación, falamos con tres expertos da facultade de Informática da UDC:

O programa afonda no funcionamento dos modelos de IA xenerativa (ex. Chat GPT), o desenvolvemento dunha IA en galego chamada “Ola Cabuxa (CITIC-UDC), así como a abordaxe da IA tanto nos estudos preuniversitarios como nos estudos superiores, e as liñas de investigación que se están a desenvolver dende a UDC sobre intelixencia artificial.

ESCOITA O PODCAST

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA 

ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade desde unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é un coloquio en que participan membros do profesorado ou persoal investigador da UDC, expertos nunha temática concreta sobre o que versa cada programa. 

EQUIPO

O equipo técnico do programa é o seguinte:

  • Isabel Lema Blanco, na produción e presentación do programa.
  • Chema Casanova, no control técnico.
  • Miguel Anxo Facal, na posprodución, edición e difusión do programa.
  • Yolanda Golías Pérez e M.ª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.

ESCOITA ONDA CIENCIA 

Podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.  

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.