De esquerda a dereita: Yolanda Golías, Isabel Lema Blanco, Cristina García Fontán, Javier López Rivadulla e Belén González Fonteboa

ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas. Convidamos a tres expertos da UDC, cunha longa traxectoria de investigación e aplicación práctica nestas temáticas:  

O contido do programa comeza pola comprensión dos aspectos que permiten identificar unha construción sustentable, os certificados de sustentabilidade dispoñibles para as novas edificacións, e as claves para convertir os edificios xa existentes en espazos enerxéticamente máis eficientes e máis saudables. Os expertos debateron tamén sobre as potencialidades das “Solucións Baseadas na Natureza”, así como os retos da propia UDC de cara a mellorar a calidade das súas edificacións.

ESCOITA O PODCAST

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA 

ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade desde unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é un coloquio en que participan membros do profesorado ou persoal investigador da UDC, expertos nunha temática concreta sobre o que versa cada programa. 

ESCOITA ONDA CIENCIA 

Podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.  

EQUIPO

O equipo técnico do programa é o seguinte:

  • Isabel Lema Blanco, na produción e presentación do programa.
  • Mariano Fernández “Mr. Bugalú”, no control técnico.
  • Miguel Anxo Facal, na posprodución, edición e difusión do programa.
  • Yolanda Golías Pérez e M.ª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.