No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o “discurso de odio”, un concepto sobre o que existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non-discriminación e a igualdade.
Para pór un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da Coruña:
- Ana Aba Catoira, profesora titular no Dpto. de Dereito Público na Facultade de Dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación: Democracia e Dereitos na Contorna Dixital.
- Ana María González Neira, profesora titular do Dpto. de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, e membro do Grupo de investigación Cidadanía Dixital.
- Montserrat Golías Pérez, profesora contratada doutora do Dpto. de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC e membro de ESOMI, Equipo de Investigación Sociedades en Movemento.
As nosas expertas axudarannos a clarificar a diferenza entre “discurso de odio” e “delito de odio”, e cales son as manifestacións máis frecuentes deste discurso nos medios e nas redes sociais; afondarán nas claves que explican que os discursos discriminatorios callen na poboación e debaterán acerca dos posibles riscos derivados da proliferación deste discurso, dende una perspectiva xurídica, sociolóxica e comunicativa, e cales son as posibles ferramentas e solucións para lle pór freo a esta problemática.
ESCOITA O PODCAST
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade desde unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é un coloquio en que participan membros do profesorado ou persoal investigador da UDC, expertos nunha temática concreta sobre o que versa cada programa.
ESCOITA ONDA CIENCIA
Podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.
EQUIPO
O equipo técnico do programa é o seguinte:
- M.ª Cristina Naya Riveiro e Yolanda Golías Pérez, na preprodución.
- Isabel Lema Blanco, na produción e presentación do programa.
- Mariano Fernández “Mr. Bugalú”, no control técnico.
- Miguel Anxo Facal, na posprodución, edición e difusión do programa.