Unha vez concluido o I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios de Comunicación: Experiencias, Potencialidades e Retos para os Medios Libres e Comunitarios, compartimos o vídeo resumo do evento, que recolle imaxes das diferentes actividades e intervencións dos participantes.
O congreso contou coa participación de cinco conferencias plenarias impartidas por JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ, MARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN, SALLY GALIANA, CARME MAYUGO, e SOFÍA PRÓSPER e SANTIAGO SAAVEDRA.
Estas conferencias versaron sobre as experiencias de aprendizaxe mediático con diferentes grupos sociais e en diferentes contextos de aprendizaxe, que versaron dende as radios libres e comunitarias, proxectos educomunicativos en cárceres, en radios comunitarias como Near FM, con poboacións mozas o sobre a protección dos nosos datos no entorno dixital.
PANEIS DE EXPERTOS
O Congreso contou ademais con tres paneis de expertos e un total de 14 relatores. O primeiro, denominado “Empoderamiento mediático dende o Terceiro Sector”, contou coa participación de CLARA DE VEGA, da Institución Padre Rubinos, EMMA VELO, da ong Ecos do Sur, ARIANA F. PALOMO da asociación La Ciencia es Femenino, e RAÚL RODRÍGUEZ ORTIZ da Universidade de Chile.
O segundo panel versou sobre “Experiencias innovadoras en radio educativa”, contando coa participación de BERNARDO PENABADE, do IES Perdouro en Radio Burela, ROBERTO CATOIRA, do Colexio Escolapios, ROBERTO NOGUEROL, de Ponte nas Ondas, JULIO CARBALLADA e MANUEL MÉNDEZ do proxecto Radio Sénior da Universidade Sénior da Coruña.
O terceiro panel centrouse nas “Experiencias de formación e aprendizaxe nas radios comunitarias”, no que interviron ÁNGEL BARBAS (UNED e RICCAP), ANA MARTÍNEZ (RICCAP e Radio Moratalaz), DAVID GALLEGO (REMC e Onda Color), JOSÉ RAMÓN PLANELLES (Onda Merlín Comunitaria e URCM) e PAULA ALONSO CUAC FM (A Coruña).
PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
Ademais, o congreso albergou tres sesións de presentación de comunicacións, centradas na presentación de investigacións científicas e experiencias de educomunicación, no que participaron como relatores: JAVIER GARCÍA GARCÍA, SARA GARCÍA CABALLERO, ALEJANDRO BLANCO VALLEJO, LUIS ALAIN DE LA NOVAL, JUAN JOSÉ GARCÍA RODICIO, ARIANA FERNÁNDEZ PALOMO, DAVID GALLEGO, ISABEL LEMA BLANCO, FERNANDO SUEIRO BARREIRO, MARTA CASAL CACHARRÓN, JUAN ANTONIO ORTIZ DELGADO, YOSEHANNA LEDESMA e ROI GUITIÁN.
Estas comunicacións presentaron interesantes traballos promovidos dende o CMFE, Onda Color, REMC, a Universidade da Coruña, a Universidade de Sevilla, Cuac FM, a rede Quererla es Crearla, ou as Ongs ACCEM, Arquitectura sen Fronteiras e Agareso.
EVENTOS CULTURAIS
Durante o congreso houbo tamén momentos especiais para desfrutar de eventos culturais como a proxección do documental NADA QUE VER, ou o concerto impartido por dous músicos folk coruñeses ALEX FENTE e MANOLO.
O congreso rematou na tarde do sábado 26 de novembro coas intervencións do profesor da UNED ÁNGEL BARBAS (RICCAP) e a presidenta de CUAC, PAULA ALONSO.
En total, houbo máis de 90 inscritos, máis de 35 conferenciantes e relatores que compartiron os seus coñecementos e experiencias para facer deste congreso un espazo de aprendizaxe sobre as aproximacións e as metodoloxías máis axeitadas para favorecer o desenvolvemento de competencias, coñecementos e habilidades mediáticas, así como a apropiarse dos medios de comunicación como espazos de creación cultural libres e colaborativos.