O 27 de marzo de 1996 inaugurouse CUAC FM no Campus universitario de A Zapateira, nas instalacións da Facultade de Económicas. 25 anos despois e nunha ubicación tamén pertencente á Universidade da Coruña o proxecto continúa adiante dende a frecuencia modulada no dial 103.4, ademáis de dende a páxina web cuacfm.org/directo e a App gratuita para Android e Ios.

475 son os programas diferentes son os programas que teñen pasado pola emisora para lograr chegar a estes 25 anos de emisións.

A celebración veuse moi limitada polas circunstancias. Ainda así, tivemos tres actuacións musicais no Centro Ágora grazas ao Concello da Coruña e ao financiamento da área de Cultura da Deputación da Coruña. Disfrutamos da Mellor Banda local do XXII Concurso de Bandas e solistas da emisora, Adhara & Ritman e tamén da Batalla de Bandas da que resultaron gañadores Young Forest (banda madrileña). Psychoducks, dende Oleiros acadaron o segundo posto. Un brindis a través de videoconferencia puxo o peche, polo de agora, aos actos conmemorativos deste importante aniversario.

Adhara & Ritman

Dende CUAC FM queremos agradecer aos medios de comunitación que se fixeron eco deste importante aniversario. Compartimos ligazón as diversas reportaxes publicadas:

https://praza.gal/ducias/momentos-dos-25-anos-de-vida-de-cuac-fm

https://www.elidealgallego.com/texto-diario/mostrar/2811853/cuac-fm-cuarto-siglo-radio-activismo-promocion-cultura

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2021/03/27/cuac-fm-25-anos-antena-45925628.html

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.