Mañá mércores 16 de outubro de 2019 a emisora comunitaria CUAC FM impartirá unha conferencia na Universidade da Coruña sobre a súa experiencia como medio comunitario da Coruña dende hai máis de 22 anos.
Esta actividade nomeada “A experiencia de CUAC FM, Radio Comunitaria da Coruña” terá lugar ás 16:00 horas no salón de actos da Facultade de Comunicación Audiovisual e Socioloxía (Campus de Elviña, Universidade da Coruña) convidados polo profesor Juan Jesús Romero Cardalda. A participación é libre e gratuíta e está aberta a calquera persona interesada.
A conferencia estará impartida polos membros da coordinadora de Organización e Estratexia de CUAC FM, Mariano Fernández e Isabel Lema que desenvolverán unha ponencia sobre a traxectoria de Cuac FM, abordando a loita legal e institucional que levou a cabo nestes últimos anos ata acadar -via recurso ante os tribunais- unha licencia de emisión.