Imaxe dos Oscuacs 2018 con Yosi de Y a ti qué te importa? tras gañar un premio.

SEMANA DA MULLER 2018 EN CUAC FM

Con motivo do Día da Muller o 8 de marzo, os programas Cuak’N’Roll,  Alegría, Recendo, EnWorking, Spoiler, Heima, Dale Voz, Simplemente Gente, Radiocassette, RadioSénior e EnBoxes tratarán diferentes temas relativos á muller.

LUNS 5 DE MARZO

19h – Cuak’n’roll adicará o seu programa á Música en Feminino.

MARTES 6 DE MARZO

18h- Alegría tratará os mitos e realidades do Día da Muller.

19h – Recendo entrevistará a Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares, creadores do proxecto “Clásicos nunha hora” galardonado co Premio Luisa Villalta de Igualdade.

20h – EnWorking falará da insercion e desenvolvemento profesional da muller, abordando, entre outros temas, o do “teito de cristal”.

21h – Spoiler analizará a serie da directora Amy Sherman-Palladino “The Marvelous Mrs. Maisel” onde  unha ama de casa dos anos 50 cuestionará os roles femininos da súa época.

MÉRCORES 7 DE MARZO

19h- Heima falará da muller no cine, na música e na literatura.

20h- Dale Voz organizará unha mesa aberta sobre o Día da Muller coas persoas habituais do programa e as traballadoras de UTACA.

21h- Simplemente Gente tratará os Dereitos da Muller nun coloquio con mulleres de varias nacionalidades.

22h- Radiocassette falará das mulleres no mundo da música.

XOVES 8 DE MARZO

13h- RadioSénior entrevistará á artista Guadi Galego e á activista feminista Marta Casal. Falará das “Sin Sombrero” da Xeración do 27, e informará do seguemento da Folga Feminista.

23h- EnBoxes entrevistará a mulleres amantes do motor.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.