Obradoiro: “Construíndo redes para unha comunicación alternativa”

obradoiro_flyer
Publicamos o programa actualizado do obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” (16-17 xullo de 2016).
A inscripción é gratuíta. Aínda estás a tempo de apuntarte!

Cando? 16 e 17 de xullo de 2016

Onde? Na Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo. Paseo Marítimo da Coruña).

 Sesión 1. Obradoiro: Radios libres e software libre, a unión perfecta

16 de xullo, 2016.

18:00.  Panel de experiencias. FERRAMENTAS E PROXECTOS DE SOFTWARE LIBRE PARA A INNOVACIÓN NA COMUNICACIÓN DIXITAL

  • IAGO VELOSO. “RADIOCO”: PROGRAMA DE GRAVACIÓN AUTOMATIZADA DE PROGRAMAS E XERACIÓN DE PODCASTS PARA RADIO
  • CHEMA CASANOVA (GPUL). SOFTWARE LIBRE NUNHA EMISORA COMUNITARIA. (Streaming, compartir arquivos, descargar podcasts, poñer música e editar son)
  • JORGE LAMA (MELISA). FERRAMENTAS LIBRES PARA EDITAR E GRAVAR O TEU PROGRAMA E COMO CREAR UN PODCAST.

19:00.- 21:30 HACKATON. COMPARTINDO RECURSOS E MELLORANDO OS SISTEMAS TECNOLÓXICOS DAS RADIOS LIBRES E COMUNITARIAS (PODE CONTINUAR DOMINGO POLA MAÑA)

Dinamizan: GPUL, MELISA, CUAC FM.

Espazo de innovación e traballo colaborativo no que os participantes desenvolverán proxectos baseados en hardware (ferramentas low cost e tecnoloxías libres como Raspberry Pi 2, U-Control UCA 222) e software libre (python, icecast, DarkIce, VLC).

PROXECTOS A DESENVOLVER (propostas a discutir):

– Grupo de traballo de Streaming en medios comunitarios

– Grupo de traballo de Redifusión de podcast ou programas doutras emisoras.

– Grupo de traballo de instalación de radioco e desenvolvemento de novas aplicacións.

– Grupo de traballo de como simplificar a emisión en exteriores.

– Grupo de traballo de ferramentas de reprodución e edición como Raddit, DJ Mixxx, Audacity, Ardour.


Sesión 2: “Mocidade en rede, novas formas de comunicación social

17 de xullo, 2016.

11.00. Panel. “CONSTRUÍNDO REDES PARA UNHA COMUNICACIÓN ALTERNATIVA

  • NOEMI GIRÁLDEZ. FEDELLO. Revolucionando as ondas ourensás dende a universidade (Ourense).
  • MARIANO FERNÁNDEZ. CUAC FM. Facendo radio comunitaria dende 1996 (A Coruña).
  • ADRIANA PÉREZ. A KALIMERA. Trinta anos de emisión libre en Compostela (Santiago de Compostela).
  • MIGUEL MIDOES. As radios comunitarias votan á andar: O caso de Radio Manobras (Porto)

12.00. Coloquio. AS REDES DE MEDIOS LIBRES E COMUNITARIOS. PARA QUE SERVEN E CÓMO SE ORGANIZAN?

  • AGUS HERNÁN. Sindicato de Radios Libres Francés. A participación dos medios comunitarios dentro do sector da comunicación. Unha perspectiva europea.
  • ALEJANDRO BLANCO. Onda Color Málaga. O traballo de EMA-RTV (Asociación de Emisoras Municipales de Andalucía de Radio y Televisión) na redacción da nova lei andaluza de comunicación.
  • JAVIER GARCÍA. Rede de Medios Comunitarios-ReMC. o traballo da Rede en defensa dos dereito fundamental de liberdade de expresión e comunicación.
  • FÁBIO RIBEIRO. Ideas para un observatorio de medios comunitarios: eventos recentes a nivel internacional e o silencio en Portugal.
  • MARIANO FERNÁNDEZ. REGARLIC. O posicionamento das institucións  ante  as emisoras libres e comunitarias galegas.

13.00. Obradoiro. COMO DEFENDER O DEREITO A COMUNICAR? ARTELLANDO UN RECOÑECEMENTO LEGAL PARA OS MEDIOS COMUNITARIOS 

Coa participación de todos/as participantes.


INSCRICIÓN 

A inscrición no Obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” é gratuíta

Para participar só tes que enviar un email cos teus datos persoais (nome e apelidos, idade, email e tfno) ao correo electrónico:  tecnoloxia@cuacfm.org

O obradoiro está aberto a calquera persoa interesada en participar e que se inscriba debidamente na xornada. Non é preciso ser socio de ningunha das comunidades arriba referidas, simplemente ter interese nas actividades propostas.

En caso de haber máis solicitudes que prazas, outorgase prioridade aos mozos e mozas menores de 35 anos, por ser o colectivo prioritario do obradoiro. O número máximo de participantes será 50 persoas.


ORGANIZACIÓN E PARTICIPANTES

O obradoiro “Construíndo redes para unha comunicación alternativa” está promovido por un grupo de mozos e mozas interesados en crear e potenciar espazos de comunicación alternativa, empregados pola mocidade galega, e que están baseados tamén no desenvolvemento de novas tecnoloxías baseadas no software libre.

Este obradoiro trata de ser un espazo de encontro entre as comunidades de software libre e os medios libres, comunitarios e educativos que existen en Galicia. É un proxecto innovador, pois desenvólvese por primeira vez en Galicia, e este obradoiro pretende establecer as bases para un futuro traballo en redes entre mozos e mozas interesadas nas tecnoloxías abertas, máis non só a nivel galego, senón en colaboración coas redes estatais e internacionais máis estábeis e experimentadas.

Participarán amigos e amigas das diferentes comunidades galegas de software libre (GPUL, MELISA), da rede galega de medios libres e comunitarios (REGARLIC) máis tamén coas redes europeas (AMARC), estatais (REMC) e coas redes máis activas a nivel estatal (País Vasco, Madrid, Andalucía). Acompáñannos tamén activistas do norte de Portugal, que compartirán as experiencias das radios libres portuguesas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.