Este sábado 4 de xuño de 2016, o Colectivo de Universitarios Activos celebra a súa segunda asemblea extraordinaria de 2016 á que están convocadas todas as persoas socias de CUAC.
A asemblea celebrarase no Centro Universitario de Riazor (CUR) a partires das 10:45 horas (primeira convocatoria; 11:00 en segunda convocatoria).
Orde do día da asamblea extraordinaria:
1. Elección da nova Xunta Directiva de CUAC.
2. Informe do Consello de Coordinación de CUAC FM
3. Rogos e preguntas.
Poden participar na asemblea con voz e voto todas as personas socias de CUAC e poden asistir (sen voto) todas aquelas persoas interesadas nas actividades da nosa asociación.