Hoxe, primer sábado de Maio como todos os anos é un día moi especial ó celebrarse o XXI Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias. Este ano, xa é a cuarta ocasión na que CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña fai unha cobertura especial en directo dende o parque de Santa Margarida o pe da Casa das Ciencias.
Polos micros de CUAC FM nesta xornada festiva pasaron ducias de rapazas e rapaces que nos emocionaron co seu interese pola ciencia e a divulgación do coñecemento adquirido cos seus experimentos. Se non tiveches ocasión de escoitar en directo as 3 horas de programas acabamos de publicar o podcast para que desfrutes da ilusión que nos trasladaron as persoas que pasaron polos nosos micrófonos.
O longo da semana, como fixemos nas últimas tres edicións, iremos publicando as fotos así como os diferentes fragmentos do programa na nosa sección da web dedicada o Día da Ciencia na Rúa.
Moitas grazas a todos, e xa sabedes que se queredes facer radio comunitaria só tedes que contactar con CUAC FM.
Deixamosvos o LiveBlog no que se foron publicando imaxes de todas as entrevistas que fumos realizando hoxe en tempo real.