rafa 1

 

Alumnado e profesorado do IES Rafael Dieste de A Coruña, en colaboración con CUAC FM, visitaron esta semana pasada as instalacións de CUAC FM co fn de desenvolver un pequeno proxecto edu-comunicativo .

Baixo a tutela do profesor Noel Miguélez, o alumnado do IES pudo desenvolver a grabación dunha serie de microespazos sobre contidos científicos no que estes novos comunicadores trataron de abordar diferentes temáticas relacionadas coa bioloxía e as ciencias experimentais, e a súa divulgación a través dos medios de comunicación.

Ter unha radio comunitaria nunha cidade, aberta a todo tipo de iniciativas no ámbito da comunicación e a educación, posibilita experiencias innovadoras no ámbito da educación. Exemplo de elo son o programa  A Fume de Carozo, e agora os microespazos feitos polo alumnado do EIS Rafael Dieste.

Rafa 2

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.