parrilla-201603
CUAC FM publica a súa grella de programación do mes de Marzo. CUAC FM é unha radio comunitaria aberta á todas as persoas que queiran facer un programa de radio. Por iso, este mes damos a benvida a tres novos proxectos radiofónicos:

Sopas con Onda (martes 22:00) un programa de humor quincenal conducido por Vïctor Grande

Clima 69 (xoves 23:00) un programa semanal sobre música a cargo do DJ Roberto Doldán

Algo pasa en Hollywood (venres 12:00), un programa de cinema con Dani Maverick e Chema Iceman

Por suposto, continúan os nosos coñecidos programas de análise política e social coma El Desinformativo, Alegría, Simplemente Gente e Cuac está a Pasar.Sen esquecernos de programas especializados en cultura galega –Recendo– e axenda cultural local- Café con Gotas e Ondas do Cárcere-, educativos-A Fume de Carozo-,  no mundo seriéfilo- Spoiler– e os deportes, por suposto os luns polo serán de man de Falso Nueve.

Os magazines de Cuac FM, veñen da man de Sin Etiquetas, Radioactiva, RqueR, Xeración Bravú, Dentro de Un Orden e Radiantes FM.

En CUAC FM poderás escoitar programas especializados en música clásica “Una Noche en la Ópera ou Rock & Roll, Circo Pirata e mi rollo es el rock. Estarás ao tanto da actualidade musical con “Fantasma Accidental“, escoitarás as versións sonoras propostas por Reversión; o último da música electrónica da man de Multiplex, e o mellor programa de música latina: “Azúcar Habanero“.

Aínda queda espazo na nosa grella para que poidas facer o teu programa de radio.  Tes ideas que traernos ao 103.4 da FM coruñesa? Mándanos un email a comunicacion@cuacfm.org e contanos a túa idea!

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.