Comunicado de CUAC FM de 16/10/2015.

Ante as novas publicadas en eldiario.es relativas ao concurso de licenzas para TDT no que un informe interno do Ministerio de Industria propón a eliminación dos medios comunitarios dentro das categorías audiovisuais legalmente autorizadas a empregar o espazo radioeléctrico, CUAC FM desexa facer chegar á cidadanía da Coruña o seguinte:

1. Que o dereito de cada persoa a comunicar a través de calquera medio de reproducción está enunciado no artigo 20.1. da Constitución Española. E que ate o día de hoxe non está garantido polas administracións públicas.

2. Que segundo organismos internacionais como ONU, a UNESCO, o Consello de Europa e a propia Unión Europea, os medios comunitarios son unha ferramenta útil e necesaria para dar cumprimento a ese dereito, que achegan un grande valor social ás súas comunidades de referencia, e que son un axente clave na alfabetización mediática e na visibilización de colectivos vulnerables.

3. Que en boa parte dos paises do noso entorno e nos sistemas democráticos máis avanzados, os medios comunitarios son unha realidade totalmente normalizada, ate o punto de ser un dos indicadores da calidade democrática dun estado.

4. Que a lexislación vixente (Lei Xeral de Telecomunicacións de 2010) establecía o 1 de maio de 2011 como data tope para comezar o procedemento de atribución de frecuencias a entidades do terceiro sector da comunicación (medios comunitarios).

O Goberno de España leva máis de catro anos incumplindo a súa propia Lei, no que ven sendo a enésima iregularidade cometida nas políticas públicas relativas aos medios comunitarios. A propia oficina do Defensor del Pueblo fixo constar esta situación anómala no seu informe de 2012, e mantén aberta unha investifgación ao respecto.

Así as cousas, o informe interno desvelado pola publicación do Diario.es, deixa en evidencia unha aldraxe intolerable, non xa aos medios comunitarios, se non aos propios dereitos fundamentais da cidadanía, que debería ser causa da demisión ou cese das autoridades involucradas.

Por todo isto, CUAC FM, a Radio Comunitaria da Coruña ESIXE ao GOBERNO DO ESTADO:

– Aclaracións e explicacións pertinentes sobre o contido de dito informe que -a pesares de ter un claro compoñente ideolóxico- foi encargado por unha administración pública e debería velar polos intereses dos administrados e non só dun partido político determinado.

– O cumprimento da lexislación vixente en materia de telecomunicacións e a rectificación das liñas de actuación desenvolvidas en contra dos medios comunitarios.

CUAC FM SOLICÍTA aos partidos políticos con representación no Parlamento Español:

– Que exerzan as súas funcións de control do goberno e realicen as preguntas parlamentarias precisar para coñecer o alcance das actuacións do Goberno nesta materia.

Para tal efecto, CUAC FM coordinarase con outras entidades do sector como REMC, AMARC-Europa e AMARC para que os dereitos da cidadanía e dos medios comunitarios non podan verse perxudicados por actuacións de dubidosa legalidade por parte do Ministerio de Industria do Goberno de España.

Cabe lembrar, por último, que o recoñecemento do dereito á comunicar tamén está ratificado polo propio Tribunal Constitucional (STC 6/1981):

“La libertad de expresión que proclama el art. 20.1 a) es un derecho fundamental del que gozan por igual todos los ciudadanos y que les protege frente a cualquier injerencia de los poderes públicos que no esté apoyada en la Ley, e incluso frente a la propia Ley en cuanto ésta intente fijar otros límites que los que la propia Constitución (arts. 20.4 y 53.1) admite. Otro tanto cabe afirmar respecto del derecho a comunicar y recibir información veraz (art. 20.1 d), fórmula que, como es obvio, incluye dos derechos distintos, pero íntimamente conectados. El derecho a comunicar que, en cierto sentido, puede considerarse como una simple aplicación concreta de la libertad de expresión y cuya explicitación diferenciada sólo se encuentra en textos constitucionales recientes, es derecho del que gozan también; sin duda, todos los ciudadanos, aunque en la práctica sirva, sobre todo, de salvaguardia a quienes hacen de la búsqueda y difusión de la información su profesión específica; el derecho a recibir es en rigor una redundancia (no hay comunicación cuando el mensaje no tiene receptor posible), cuya inclusión en el texto constitucional se justifica, sin embargo, por el propósito de ampliar al máximo el conjunto de los legitimados para impugnar cualquier perturbación de la libre comunicación social.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.