CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, lanza unha campaña de micromecenado a través da plataforma Teaming: https://www.teaming.net/cuacfmradiocomunitariadeacoruna
QUERES SER CUACKER?
Se escoitas CUAC FM, se simpatizas con nós e desexas aportar o teu grao de area para apoiar ao único proxecto de comunicación comunitaria da Coruña, poderás facelo dunha forma sinxela e pouco custosa a través da nosa plataforma TEAMING, cunha aportación mensual de somentes 1 EURO!
Esta iniciativa de micromecenado ten un carácter permanente e nace co fin de financiar o noso novo proxecto “Escola de Radio e Asociacionismo” ao mesmo tempo que garantimos a independencia e sustentabilidade económica da emisora.
CUAC FM é unha emisora comunitaria sen ánimo de lucro que desenvolve unha actividade diaria os 365 días do ano. Dende a sua creación en 1996, pasaron por CUAC FM máis de 1000 socios, un total de 436 programas de radio e ningún proxecto rexeitado.
CUAC ten abertas as súas portas a calquera persoa ou entidade que “teña algo que contar”.
VISITA A NOSA WEB EN TEAMING: https://www.teaming.net/cuacfmradiocomunitariadeacoruna