Por primeira vez nos seus máis de 16 anos de historia, a emisora comunitaria Cuac FM realizou unha cobertura radiofónica dunhas eleccións: neste caso, as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, aínda que tamén estivemos pendentes ao proceso electoral que se vivía ao mesmo tempo no País Vasco.
Fixemos análise política, botamos un vistazo ás enquisas doutros medios, emitimos as comparecencias de diversos partidos e prestamos atención ao que se cocía polas redes sociais.
A xornada rematou cunha victoria do PP de Alberto Núñez Feijoo, unha baixada de escanos do PSdeG e do BNG, e a irrupción no Parlamento Galego do AGE de Beiras como a segunda forza. Sen embargo, a opción máis amplamente elixida polos galegos doi a abstención.
Conductores: Isa Lema e Ozzy de Castro.
Técnica de son: Mariano Fernández e Ángela Triana.
Redacción: María Nieto, Antonio Facal, José Lemur, Igor Vizoso e Julia Huertas.
Reporteros: Jorge “Garou” Catoira, Iverson e Antonio Facal.
Analistas políticos: Mario López (Pte. do Colexio de Sociólogos e Politólogos de Galicia) e Millán Fernández (politólogo).
Audio emitido en Cuac FM o 21-10-2012, a partir das 20:00, durante o reconto das Eleccións.