Cuac FM retoma os seus monográficos para falar da memoria histórica, no 75 Aniversario dos comezos da Guerra Civil Española. Conducido por Manuel Castiñeira e Roberto Catoira, fíxose unha homenaxe en recordo dos represaliados por dita guerra. Estiveron acompañados por Rubén Afonso, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
O programa consistiu en 2 bloques: o primeiro consistíu en entrevistas a familiares de represaliados (Pedro Galán, Valentín García Bóveda entre outros). No segundo bloque se falou de aspectos xerales da memoria histórica.