Programa Especial de CUAC FM de seguimento da Folga Xeral do 14N por parte dos traballadores e traballadoras da Coruña, con conexións tamén coa comarca de Ferrolterra (en colaboración con Radio Filispim) e das dúas manifestación convocadas na cidade da Coruña. Entrevistouse en directo a Fito Ferreiro (con que falamos sobre o seguimiento da Folga por parte da CRTVG), Ramón Beiras (voceiro SOS Sanidade Pública), Iván Puentes (Ex-alcalde de Fene) e Stavros Karagkounis, europarlamentario de Syriza. Fíxémonos tamén eco das declaracións oficiais por parte de Cristina Díaz (Voceira do Goberno Central).

PRIMEIRA PARTE DO ESPECIAL

SEGUNDA PARTE DO ESPECIAL

Durante as 5 horas de radio en directo, os nosos reporteiros/as conseguiron falar cos representantes sindicais, desprazáronse aos polígonos industriais e rúas comercias da Coruña para comprobar o seguimiento da folga e falarmos cos piquetes e os traballadores/as e durante as manifestacións puidemos entrevistar a xente coma o actor Antonio Durán “Morris” ou Xosé Carrillo, Sº Comarcal de UGT.

Un emocionante programa realizado por Ozzy de Castro, Isa Lema, María Nieto, Mariano Fernández, Bea Ulalume, Víctor Grande, Noel, Julia Huertas, Claudia, Iverson, Garou, Iván, Marta, Mónica, Gema, Igor.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.