CUAC FM participou o 23 de abril nas 13 Xornadas de sensibilización Intercultural, convidados pola ONG coruñesa Ecos do Sur, especializada en inmigración e integración social.
A nosa compañeira Isabel Lema presentou o proxecto de radio comunitaria CUAC FM, dentro dunha palestra nomeada ““Iniciativas de cidadanía activa en Galicia”, na que tamén interviron a compañeira Marta Casal, en representación do colectivo Facilitación Galiza, Teresa Ubeira, Directora do Centro educativo O Pelouro e Teresa Fernández e Sonsoles Mosteiro, integrantes da Rede de Impulsores Sociais do Proxecto Agra Civis.