CUAC participou no V Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ organizado na USC pola Asemblea de Cooperación pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros sen Fronteiras (AGARESO).
Alí estivo o noso compañeiro Mariano Fernández, en representación de CUAC FM que participou nunha palestra sobre “A radio con enfoque de Dereitos Humanos” xunto con representantes de emisoras comunitarias de Guinea Bissau ou El Salvador como Braima Sambu, membro da ONG Alternag e da emisota comunitaria ‘Radio Catió’, de Guinea Bissau.
Tamén interviron Cristiana Francisca, presidenta de Mudha -Movimiento de Mujeres Domínico Haitianas) e Rina Abrego, representante de Aprocsal, organización que loita polos dereitos das mulleres e emprega o teatro da oprimida para facer educación social.