Queres facer radio no Centro Cívico de San Diego?

CUAC FM organiza a segunda edición do proxecto Radio Barrio no Centro Cívico de San Diego Radio Barrio #2 é un proxecto dentro do programa Cultura de Barrio do Concello da Coruña. Non ten ningún custe para as persoas participantes.   Buscamos xente artista e creativa, en especial dos barrios de Os Castros, A Gaiteira, Castrillón…  Radio

O Pleno do Concello da Coruña aproba unha moción de apoio a CUAC FM

Pleno Ordinario 09/10/2017 from Concello da Coruña. O debate da moción sobre CUAC FM pódese ver a partires da hora 1:20:00 O Pleno municipal do Concello da Coruña aprobou o pasado luns 9 de outubro de 2017 unha moción de apoio a CUAC FM e ao dereito á liberdade de expresión e comunicación que a

Los Tomaccos e Cristosaurio regálannos unha gran Batalla de Bandas CUAC FM

Los Tomaccos e Cristosaurio, fixeron bailar como nunca ao público na Batalla de Bandas de CUAC FM. Tras duas actuacións fabulosas na Sala Mardi Gras, finalizou a XIX Edición do Concurso de Bandas e solistas CUAC FM que grazas á colaboración do Concello da Coruña ofreceu máis de 3.000 euros en premios e 6 bandas

CUAC FM organiza mañá sábado 7 o concerto Final da Batalla de Bandas (Sala Mardi Gras. 22:00)

BATALLA DE BANDAS DE CUAC FM TOMACCOS VS. CRISTOSAURIOS Sábado 7, 22:00 Sala Mardi Gras. Entrada 3 euros (1 para socias e socios de CUAC) A música en directo vainos axudar a levar mellor o da sanción. Vai ser un concertazo!! Confiade nos nosos xurados do concurso de bandas. E duas actuacións por 1 euro!!

Comunicado da Rede de Medios Comunitarios en apoio á CUAC FM

  A Rede estatal de Medios Comunitarios manifesta nun comunicado publicado na súa páxina web o seu apoio á CUAC FM ante o expediente sancionador aberto pola Xunta de Galiciao seguinte: Nosotras, desde la ReMC, queremos mostrar nuestro rotundo apoyo, y repulsa por el expediente de la Xunta, y mostrar nuestra admiración por el trabajo

Comunicado de Apoio de AMARC Europa ante o expediente da Xunta de Galicia a CUAC FM

A delegación europea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC Europa) oponse á decisión do goberno galego de abrir un expediente a CUAC FM. Así o expresa nun comunicado publicado na súa páxina web. Segundo a asociación de radios comunitarias europea, o expediente aberto á CUAC FM só se pode considerar unha violación do Dereito

No Recendo de hoxe: O Pazo de Meirás #CuacResiste

Recendo, o programa realizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda en CUAC FM, inicia unha nova tempada Hoxe entrevistarán a Carlos Babío, compoñente da  Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e un dos maiores expertos sobre a historia relacionada co Pazo de Meirás e cómo chegou ás mans da familia do dictador Francisco Franco.

Comeza a 22º Tempada radiofónica de CUAC FM #CuacResiste

                                                                      VER PROGRAMACIÓN CUAC FM AMPLIADA CUAC FM inicia a sua 22º Tempada Radiofónica con máis de 40 horas en directo 120

#CuacResiste Maratón Radiofónico despedida 103.4

Hoxe, 30 de setembro, ás 21:00 comeza o Maratón Radiofónico co que as socias e socios de CUAC FM despediremos a emisión por frecuencia modulada, ás 01:03:40 da noite do domingo ao luns 2 de outubro. Serán 28 horas 3 minutos e 40 segundos consecutivas de emisión, producidas polas voluntarias da emisora, así como antigos

COMUNICADO OFICIAL: CUAC FM APAGA O 103.4

(Versión del comunicado en español) Dende Cuac FM temos o enorme pesar de comunicar que o pasado día 21 de setembro, despois de 21 anos de emisión, a Xunta de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Medios, comunicou a Cuac FM a incoación dun expediente sancionador por emitir “sen dispor da correspondente licenza”.

COMUNICADO OFICIAL: CUAC APAGA EL 103.4 FM (versión español)

(Versión do comunicado en galego) Desde Cuac FM tenemos el enorme pesar de comunicar que el pasado día 21 de septiembre, después de 21 años de emisión, la Xunta de Galicia, a través de su Secretaría General de Medios, comunicó a Cuac FM la incoación de un expediente sancionador por emitir “sin disponer de la

OFFICIAL COMMUNICATION: CUAC TURNS OFF 103.4 FM (english version)

From Cuac FM, and with enormous regret, we have to inform that on 21 September, after 21 years of broadcasting, the regional goverment of Xunta de Galicia, through its General Secretariat of the Media, informed Cuac FM of the launch of legal proceedings against the radio station for broadcasting “without having the corresponding license”. CUAC

Touriñán, o venres 15 ás 20:00, en Millennial.

En Cuac nos gustan os bos invitados. E á boa xente lle gusta Cuac. Mañá venres ás 20 o programa Millennial entrevista ao actor e comediante Xosé Antonio Touriñán sobre o seu papel na serie “Fariña”, de Antena 3. Non volo perdades, van ser risas.

Queres emitir en CUAC FM? A nosa Escola de Radio retoma a sua actividade

  CUAC FM ofrece a posibilidade de formarse para poder emitir na Radio Comunitaria da Coruña. Comeza o 22º curso radiofónico de CUAC FM e calquera persoa que o desexe pode sumarse a nosa programación. Para iso é imprescindible asistir a tres módulos formativos que impartimos dende a nosa Escola de Radio. O curso non

Asamblea Extraordinaria CUAC Sábado 9 de setembro de 2017

  O Colectivo de Universitarios Activos celebrará mañá sábado 9 de setembro a súa segunda Asamblea Extraordinaria deste 2017 HORARIO: A asemblea comezará ás 10:45 (primeira convocatoria) e 11:00 (segunda convocatoria). A asistencia á asemblea é obrigatoria para todas as persoas asociadas. Se non podes participar, existe un mecanismo de delegación de voto, que atoparás

Hoxe ás 21h especial Spoiler de verán: Game of Thrones

Hoxe, o plantel de Spoiler (e convidados) quece motores para o inminente season finale de Game of Thrones cun programa especial de verán. Ollo, spoilers garantidos!! Non volo perdades, ás 21:00 na vosa radio de cabeceira no 103.4FM e por Internet

CUAC FM participa no Encontro de Radios Libres e Linguas Minorizadas de Euskadi

ENCONTRO SOBRE RADIOS LIBRES E LINGUAS MINORIZADAS  DE EUSKADI A asociación Paz con Dignidad, a revista Pueblos, Garabide, Antxeta Irratia e Arrosa Sarea organizan un encontro sobre linguas minorizadas e radios libres que se celebrará os días 28 de xuño en Tolosa e 30 de xuño en Donostia. Entre as emisoras libres e comunitarias participantes no

Cía Campillo actuará no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao XIX Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM

Cía Campillo actuará no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao XIX Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM   Esta mañá comunicouse que a banda coruñesa Hexany era unha das catro bandas galegas que actuarían no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao Concurso de Bandas de CUAC FM. Tras facerse público este fallo detectamos

Hexany, Eager Platypus, Boyanka Kostova y The Riggos, al Festival Noroeste Estrella Galicia

  Catro bandas galegas actuarán no esceario principal da Praia de Riazor os días 11 e 12 de agosto como vencedoras do XIX Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM. Eager Platypus (Arteixo), Boaynka Kostova (Compostela), The Riggos (Vigo) e os coruñeses Hexany foron obtiveron as puntacións máis elevadas para, seguindo as bases do

O Festival Noroeste Estrella Galicia acollerá a catro bandas co XIX Concurso de CUAC FM

Hoxe recibimos os últimos votos por parte dos xurados do noso XIX Concurso de Bandas e solistas CUAC FM. Unha vez realizado o reconto, estamos a contactar coas bandas galegas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e tamén coas que participarán na Batalla de Bandas previstas para o sábado 7 de outubro na sala

O XIX Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM a piques de dar os gañadores

As bases do XIX Concurso de bandas e solistas de CUAC FM preveía para hoxe día 20 o fallo dos xurados. Ante o record de proxectos participantes temos un pequeno retraso no traballo de puntuación pero xa está a piques de rematar. Antes do día de San Xoan daremos os nomes das bandas galegas que

CUAC FM emite hoxe sábado, ás 12:00, un programa especial dende A Campa

CUAC FM emitirá hoxe, en directo, dentro da cobertura especial desta emisora sobre o proxecto ACAMPA, un PROGRAMA ESPECIAL que se realizará dende o Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez e ao que estades todos convidados.  ESCOITA O PROGRAMA NO NOSO PODCAST: https://cuacfm.org/radioco/programmes/acampa/ Ao longo deste programa especial, pasarán polos micros de CUAC

CUAC FM retransmite por streaming as actividades de ACAMPA

  ACAMPA é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social. CUAC é unhas das asociacións culturais colaboradoras de ACAMPA e restransmitirá, en directo, por streaming, o que acontecerá dende hoxe e ata o día 18

“Radio Senior”, o novo programa de CUAC FM, cumpre un mes en antena

O pasado xoves 4 de maio de 2017 coñecemos novas voces en CUAC FM. Nacía un novo programa realizado por alumnas e alumnos da Universidade Senior da UDC.  Persoas que se achegaban aos micros por primeira vez, cando xa levan percorrida unha boa parte da sua vida. Nunca é tarde para disfrutar da radio. Radio

Récord de participación no XIX Concurso de Bandas e solistas CUAC FM

O reclamo para as bandas galegas de poder actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia xunto a bandas como Kaiser Cheifs, ademáis do incremento de premios na Batalla de Bandas que se celebra en outubro, xa coa participación de bandas do resto do estado, provocou que esta XIX edición do Concurso de Bandas e Solistas de

Publicado o Podcast do ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017

ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017 O sábado 6 de Maio de 2017 CUAC FM desprazouse por 5ª edición consecutiva ao parque de Santa Margarida da Coruña para facer unha cobertura en directo e a pé de rúa sobre o XXII Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de

O Radio Barrio de Monte Alto será emitido hoxe as 18 horas

  Esta tarde poderás escoitar no 103.4 e cuacfm.org as 18:00 horas o programa de “Radio Barrio” grabado o pasado sábado 29 de Abril no Centro Cívico de Monte Alto. O primeiro dos tres programas que se enmarca no proxecto “Radio Barrio” que Cuac FM presentou a “Cultura de Barrio” da Concellería de Culturas do

CUAC FM realizará un programa especial “Día da Ciencia na Rúa”, este sábado 6 de maio, dende a Casa das Ciencias

Un ano máis, e xa imos pola 5ª edición, CUAC FM participará no Día da Ciencia na Rúa, que está a organizar a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. CUAC FM, a radio comunitaria de Coruña, emitirá un programa especial en directo dende o parque de Santa Margarida, unha aventura radiofónica a pé de

Radio Barrio celebra o seu primeiro programa este sábado 29 en Monte Alto

CUAC FM realizará este sábado 29, dende ás 11:30 ás 13:30 un programa de radio con público dende o Centro Cívico de Monte Alto.  A entrada é totalmente gratuita. O salón de actos acollerá a primeira experiencia de Radio Barrio, un programa realizado por artistas e por locutoras e locutores de CUAC FM. Convidamos a

CUAC FM e o Concello da Coruña presentan o proxecto cultural “Radiobarrio” que dará comezo este sábado en Montealto

RADIOBARRIO é un proxecto de CUAC FM que nace co obxecto de dar difusión aos colectivos artísticos da cidade e crear sinerxias entre eles a través dunha ferramenta de comunicación tan poderosa como é a radio. Neste proxecto CUAC traslada a súa experiencia radiofónica á rua, para dar a coñecer o traballo das e dos artistas que