O xurado do XXVIII Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM completou a súa labor tras escoitar os 120 proxectos musicais recibidos e xa se coñecen os grupos e solistas que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e na batalla de bandas da Sala Mardi Gras.
As bandas galegas seleccionadas para actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia son Apolo 18, da Coruña, e Tsunami Arise, de Pontevedra.
Pola súa banda, a batalla de bandas do 19 de setembro na Sala Mardi Gras, con entrada gratuíta, contará coa presenza de Solzimer (Málaga) e Vlack Carmen (Barcelona).
Nos vindeiros días publicarase o fallo oficial do xurado con todos os detalles. Desde CUAC FM queremos dar as grazas a todas as bandas e solistas que enviaron a súa música, así como aos membros do xurado pola súa dedicación. Vémonos nos concertos!