GPUL, Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, e CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, organizan un hackathon para mellorar Radioco, a aplicación de gravación e difusión de podcasts da radio comunitaria.
Que é Radioco?
Radioco é unha ferramenta de software libre creada por Iago Veloso usada actualmente por CUAC e que serve para gravar, arquivar e publicar o historico sonoro da 103.4 da Coruña. Radioco emprégana diariamente os programas da emisora e os nosos ouvintes. É unha ferramenta realizada en Python co framework Django. As persoas participantes no hackathon poderán axudar a mellorala colaborando, desta forma, cun proxecto de radio sen ánimo de lucro e unha ferramenta de software libre que pode ser utilizada por radios de todo o mundo.
Como será o Hackathon?
Durante o evento, participantes individuais e equipos traballarán para mellorar a ferramentas nunhas ‘issues’ e retos de diferente dificultade. Ao rematar a xornada, un xurado evaluará o traballo realizado. Os mellores proxectos e ideas levarán premios valorados en máis de 600€!
O hackathon de GPUL e CUAC FM terá lugar no Ágora da Coruña o día 30 de novembro de 10.00 a 20.30. Ademáis, haberá un tamén un xantar opcinal na Raxería As Neves. Pode participar calquera persoa, desde entusiastas ata curiosos pero cómpre apuntarse previamente. Toda a información no Meetup de GPUL.
Queres ir investigando? Podes consultar toda a documentación de Radioco en GitHub.