Hoxe 1 de xullo os proxectos seleccionados, tanto a nivel galego, que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia, como para a Batalla de bandas que se celebrará o 12 de outubro na Sala Mardi Gras, recibiron a comunicación do seu premio. Faranse públicos os seus nomes en canto confirmen, tal como establecen as bases, que poden actuar nas datas previstas para ambos eventos.
O premio Eva Coyoye á Mellor Banda Local ainda non foi comunicado xa que á banda á que lle corresponde ese premio está como suplente para as duas categorías comentadas previamente.
O premio á Mellor canción en galego darase a coñecer o Día da Batalla de bandas.
Grazas ás 150 bandas e solistas que se presentaron este ano e á Deputación da Coruña que subvenciona o proxecto.
Tamén á colaboración do Concello da Coruña por acoller ás duas bandas galegas no Festival Noroeste Estrella Galicia.
Agardamos poder dar mañá mesmo a coñecer os nomes dos proxectos gañadores e finalistas.