
- Abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego con Laura Castro, Casto Rivadulla, Alexandre Peres e Cristina Naya
- ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica producido por por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.
- Os podcasts están dispoñibles no link https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/
Mañá martes 10 de xullo, ás 13:00 horas, emitirase en CUAC FM o terceiro episodio de ONDA CIENCIA, no que abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego. ¿Cal é o papel que desempeña a nosa lingua?
Convidamos aos nosos estudos a catro profesores e profesoras da Universidade da Coruña que contan cunha longa experiencia facendo divulgación en diferentes medios de comunicación:
- Laura Castro Souto, profesora titular da Facultade de Informática e divulgadora tecnolóxica en diversos medios de comunicación como Radio Galega e Revista Revirada.
- Casto Rivadulla Fernández. Catedrático de Fisioloxía. Comisario da exposición “O mundo na túa cabeza” e autor do libro “A que cheiran as cores”, premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020.
- Cristina Naya Riveiro. Profesora da Facultade de Ccs da Educación. Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC.
- Alexandre Peres Vigo. Profesor da Facultade de Filoloxía, especialista en sociolingüística galega, planificación e políticas lingüísticas e culturais e Literatura e construción da identidade.
Os temas abordados no programa son:
- A importancia da divulgación científica en galego e a necesidade de referentes galegos no eido da ciencia.
- As vantaxes e dificultades da divulgación en galego.
- A cobertura da ciencia nos medios de comunicación de Galicia.
- O auxe das redes sociais como espazos de divulgación científicas.
- O papel da UDC no eido da divulgación científica en galego.
A equipa técnica do programa é a seguinte:
- Mª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.
- Isabel Lema Blanco á conducción do programa.
- Mariano Fernández aos controis técnicos.
- Miguel Anxo Facal na edición e difusión do programa.
One thought on “Novo episodio de ONDA CIENCIA! Divulgación científica en galego: utopía ou realidade?”