27 anos de vida de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña

O 27 de marzo de 1996 comezaban as emisións de CUAC FM no Campus da Zapateira. 27 anos máis tarde, CUAC celebra o seu aniversario coa inauguración dun novo estudo de emisión, nas instalacions da emisora, que permite a producción de dous programas de radio de maneira simultánea, e que se suma aos dous estudos actuais: José Couso e Alexandre Bóveda.

O novo estudo leva o nome de RAFAELA HERVADA, quen foi a primeira muller directora dunha emisora de radio en España, concretamente a directora de Radio Coruña.

Por elo, CUAC FM e RADIO CORUÑA-CADENA SER realizarán no día de hoxe unha programación conxunta moi especial. A locutora TEBA CHACÓN, de Hoy por Hoy de @radiocoruna visitará o novo estudo de CUAC e emitiremos un programa conxuntamente dende as 12:40 ata as 13:00 e que poderedes escoitar por ambas emisoras. 

A inauguración oficial do novo estudo terá lugar este luns 27 de marzo ás 19:30 horas momento no que, ademáis da xunta directiva e dos socios e socias de CUAC, inaugurarán as novas instalacións os familiares de Rafaela Hervada.

APOIOS INSTITUCIONAIS

As obras do novo estudo estiveron subvencionadas pola Deputación da Coruña, no marco da convocatoria de axudas ás entidades culturais de 2022.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.