Imaxe de ONDA ODS

Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, participa no proxecto estatal ONDA ODS, promovido por unha alianza dos medios locais e alternativos: REMC- Rede de Medios Comunitarios, Radiofusión-EMUGA, EMA-RTV e Radio Televisió Cardedeu-La Xarxa.

Cuac FM emite dende esta semana, a través do 103.4 da FM, e tamén por streaming, os podcasts de Onda ODS, centrados nas liñas de acción climática (Onda Climática) e acción pola igualdade (Onda Mulleres). A campaña durará ata o Nadal.

Ademáis, CUAC contribuiu ao proxecto producindo 6 podcasts centrados nos obxectivos de desenvolvemento sustentable no contexto galego, e que podedes escoitar tamén na Web https://ondaods.org/

O proxecto ONDA ODS pretende levar a cabo unha estratexia de comunicación local que sensibilice á cidadanía e fomente a reflexión e o debate arredor dos retos de desenvolvemento sustentable, de acordo coa AXENDA 2030 aprobada pola ONU.

Producida e emitida polas emisoras implicadas no proxecto, Onda ODS está a xerar unha serie de contidos radiofónicos e audiovisuais en múltiples formatos sobre a forma en que a Axenda 2030 contribúe á cohesión económica, á xustiza social, así como á sustentabilidade ambiental do noso territorio .

A campaña Onda ODS ofrecerá cada semana á audiencia de EMA-RTV, EMUGA, REMC, RTV Cardedeu e XARXA espazos radiofónicos e audiovisuais en 3 linguas dedicados á análise, debate e reflexión sobre a consecución dos ODS e os seus impacto no día da cidadanía.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.