• A Asistencia ao congreso  é gratuita, previa inscripción na Web: https://cuacfm.org/congreso-2022/  
  • O congreso reunirá a unha centea de comunicadores, investigadores, profesores e activistas do Terceiro Sector 
  • O congreso celebrarase no PARANINFO DA UDC, e conta co patrocinio do CONCELLO DA CORUÑA

O “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” busca xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe, a través da presentación de experiencias, investigacións e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre, e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa. 

Entre o programa do congreso destacan as conferencias de JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ, quen impartirá a Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía; das profesoras da UDC MARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN; de SALLY GALIANA, directora da radio comunitaria dublinesa Near FM; da directora do proxecto  Teleduca. Educació i Comunicació, CARME MAYUGO, de Barcelona; e dos activistas SOFÍA PRÓSPER e SANTIAGO SAAVEDRA, creadores de TRAKULA Project: Loitando contra o capitalismo da vixilancia en Internet. 

O congreso reunirá a máis de 30 relatores que representan ao sector dos medios comunitarios españois e internacionais coma OMC Radio, Radio Moratalaz, AMARC, Near FM (Dublín), o CMFE, ONGs e entidades de solidariedade coma a institución PADRE RUBINOS ou as ONGs ECOS DO SUR, AGARESO, ACCEM, Arquitectos sen Fronteiras, e proxectos de educomunicación coma PONTE NAS ONDAS, PROXECTO NEO, A FUME DE CAROZO, ou dos recentemente gañadores dun Premio ONDAS, a emisora malagueña ONDA COLOR.

O congreso está organizado por CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, coa financiación do CONCELLO DA CORUÑA, e a colaboración científica do Grupo de Investigación Persona-Ambiente de la Universidade da Coruña, a Red de Investigadores en Comunicación Comunitaria, Alternativa y Participativa (RICCAP), a Red de Medios Comunitarios (ReMC), e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira.

INFORMACIÓN CLAVE

  • Celebración do congreso: 24, 25 e 26 de novembro de 2022
  • Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña. 
  • Inscripción gratuita. 
  • Rexistro obrigatorio na Web: https://cuacfm.org/congreso-2022/ 
  • Emitirase un Certificado de Participación no congreso a todas as personas que cumpran os requisitos de asistencia 

PROGRAMA DO CONGRESO 

XOVES 24 DE NOVEMBRO

18:00 Inauguración do Congreso. 

Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía. Dr. JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ. Doutor en ccs da comunicación e Doutor en Historia. Profesor da Universidade Complutense de Madrid. Membro de RICCAP.

19:00. Presentación e proxección do documental “NADA QUE VER”. CUAC FM & Iago Prada, director do documental.

VENRES 25 DE NOVEMBRO 

17:00 Conferencia: RADIOLIBREMENTE. Un proxecto de educomunicación no cárcere de Monterroso. Dra. MARÍA BARBA. Presidenta da Asociación Aliad Ultriea e profesora de educación social na Universidade da Coruña, e Dra. PATRICIA DIGÓN. Profesora de educación social na Universidade da Coruña.

17:45. PANEL: Empoderamento mediático dende o Terceiro Sector.

Ponentes: 

CLARA DE VEGA. FUNDACIÓN PADRE RUBINOS. Proxecto RadioActiva.

EMMA VELO. ECOS DO SUR. Proxecto CIBERESPECT. Impulso de activistas e escolares na loita contra a desinformación e os prexuizos nos medios dixitais.

ARIANA F. PALOMO. “LA CIENCIA ES FEMENINO”, un proxecto asociativo para a educación científica con visión de xénero a través da radio.

RAÚL RODRÍGUEZ ORTIZ. A creación de radioteatros e documentais sonoros, cun enfoque de radio creativa e social (Universidad de Chile).

19:00. Conferencia: Os medios comunitarios como instrumentos de dinamización comunitaria: o caso irlandés. SALLY GALIANA. NEAR FM. Radio Comunitaria de Dublin. Ex-presidenta de AMARC-Europa.

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO

10:00 – 12:00 Presentación de comunicacións

Eixe 1. Edu-comunicación e alfabetización mediática en contextos educativos

Eixe 2. Proxectos educativos e experiencias de aprendizaxe en medios comunitarios, locais e do terceiro sector

Eixe 3. Empoderamento mediático das comunidades locais e do Terceiro Sector Social

12:30. Conferencia: Educación mediática e infancia: aprendizaxes do proxecto TELEDUCA. Dra CARME MAYUGO I MAJÓ. Dra en Ciencias de la Comunicación. Cofundadora y coordinadora de Teleduca. Educació i Comunicació.

13.30. PANEL: Experiencias innovadoras en radio educativa.

Ponentes:

BERNARDO PENABADE. Proxecto NEO, o proxecto radiofónico do IES Perdouro en Radio Burela.

ROBERTO CATOIRA. A Fume de Carozo, un proxecto de normalización linguística a través da radio comunitaria.

ROBERTO NOGUEROL. Ponte nas Ondas, un proxecto de radio escolar que pon en valor o patrimonio inmaterial do Eixo Atlántico 

RADIO SÉNIOR. Un proxecto de alfabetización mediática da Universidade Sénior.

17:00 Conferencia: O capitalismo da vixilancia. Como nos protexemos e como loitamos contra iso?  SOFÍA PRÓSPER & SANTIAGO SAAVEDRA. Creadores de TRAKULA Project. Loitando contra o capitalismo da vixilancia en Internet a través da sensibilización e o desenvolvemento de solucións 

18:00. PANEL: Experiencias de formación e aprendizaxe nas radios comunitarias

Ponentes: 

Dr. ÁNGEL BARBAS. RICCAP & UNED (Madrid)

ANA MARTÍNEZ. Radio Moratalaz & RICCAP (Madrid)

DAVID GALLEGO. REMC & Onda Color (Málaga)

JOSÉ RAMÓN PLANELLES. Onda Merlín Comunitaria & URCM (Madrid)

PAULA ALONSO. CUAC FM (A Coruña) 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.