• Máis de 30 ponentes expertos e 100 congresistas reuniránse durante 3 días no Paraninfo da Universidade
  • O Congreso é organizado por CUAC FM, e conta coa subvención do Concello da Coruña e o apoio da UDC

Esta tarde, a partir das 17:00 horas arranca a segunda xornada PRESENCIAL do  “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” 

En primeiro lugar terá lugar a conferencia RADIOLIBREMENTE. Un proxecto de educomunicación no cárcere de Monterroso, por MARÍA BARBA. Presidenta da Asociación Aliad Ultriea e PATRICIA DIGÓN, ambas profesoras de educación social na Universidade da Coruña.

A continuación desenvolverase o panel Empoderamiento mediático dende o Terceiro Sector, e que contará coa moderación de Yosi Ledesma e as ponencias de:

CLARA DE VEGA. INSTITUCIÓN PADRE RUBINOS. Proxecto RadioActiva.

EMMA VELO. ECOS DO SUR. Proxecto CIBERESPECT. Impulso de activistas e escolares na loita contra a desinformación e os prexuízos nos medios dixitais.

ARIANA F. PALOMO. “LA CIENCIA ES FEMENINO”, un proxecto asociativo para a educación científica con visión de xénero a través da radio.

RAÚL RODRÍGUEZ ORTIZ. A creación de radioteatros e documentais sonoros, cun enfoque de radio creativa e social (Universidad de Chile).

A tarde rematará coa conferencia “Los medios comunitarios como instrumentos de dinamización comunitaria: El caso irlandés, de SALLY GALIANA. NEAR FM. Radio Comunitaria de Dublin. Ex-presidenta de AMARC-Europa.

O congreso está organizado por CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, coa financiación do CONCELLO DA CORUÑA, e a colaboración científica do Grupo de Investigación Persona-Ambiente de la Universidade da Coruña, a Red de Investigadores en Comunicación Comunitaria, Alternativa y Participativa (RICCAP), a Red de Medios Comunitarios (ReMC), e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira.

A participación no congreso é gratuíta, ata completar o aforo.

Máis información en: https://cuacfm.org/congreso-2022/ e https://cuacfm.org/novas/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.