O alumnado de Producción do centro de Someso asistiu a unha charla formativa por parte do equipo da Escola de Radio de CUAC.
O día 17 de maio ás 22:00 horas, Día das Letras galegas, está previsto que se emita o programa inaugural realizado polo Alumnado de Producción da Escola de Imaxe e Son da Coruña. O proxecto radiofónico terá unha periodicidade mensual e conta co apoio de duas docentes, Olga e Olaia. Como todas as emisións de CUAC FM, poderase disfrutar en formato podcast unha vez emitido.
Co título de A Guarida Violeta deixamos que a túa imaxinación xogue a pensar cales serán os contidos.
A Escola de Radio de CUAC FM desplazouse ata as suas instalación para ofrecer un par de módulos formativos a cargo de Paula Alonso e Tomi Legido, co obxectivo de aportar os coñecementos acumulados na nosa Radio Comunitaria e dar a coñecer tanto o movemento de medios comunitarios como os principais trucos á hora de afrontar a realización e emisión dun programa de radio.
Agardamos que A Guarida Violeta teña unha longa traxectoria en CUAC FM e que tanto ointes como o equipo do programa disfrutedes das emisións.