O 26 e 27 de marzo, con entrada libre, duas tardes de actuación musical no Centro Ágora coincidindo co 25 aniversario da inauguración da emisora comunitaria.
A XXII Edición do Concurso de bandas e solistas tiña pendente a celebración da Batalla de Bandas e a actuación da Mellor Banda local debido ao peche das salas de concertos pola pandemia.
Coa colaboración do Concello da Coruña e a axuda económica do Departamento de Cultura da Deputación da Coruña os días 26 e 27 acolleran as actuacións de Adhara & Ritman (Mellor banda local) e de Psychoducks e Young Forest (na batalla de bandas).
Os premios desta edición ascenden aos 2.600 euros. A entrada será libre ata completar aforo que será moi reducido para garantir a total seguridade das medidas restrictivas estipuladas polas autoridades.
