O vindeiro mércores 4 de decembro de 2019 celébrase na Universidade da Coruña as eleccións á reitoría, que escollerá ao reitor e a súa equipa de goberno para os vindeiros catro anos.

Dende CUAC FM faremos unha cobertura especial das eleccións que consistirá en:

...

Debate en directo cos dous candidatos á reitor, Julio Abalde Alonso e Fernando Martínez Abella, que se emitirá mañá sábado 30 de novembro, en directo, ás 12 da mañá. O debate poderase seguir no 103.4 da FM (A Coruña) e a través do noso streaming na web https://cuacfm.org/directo

ESCOITA O DEBATE NO ENLACE:

Entrevista individual a cada un dos candidatos, Julio Abalde Alonso e Fernando Martínez Abella, que se emitirá en diferentes horarios de emisión no 103.4 da FM a partires do domingo 1 e ata o martes 3 de decembro. 

– Publicación de ditas entrevistas e do debate na web de CUAC FM para que as poidas escoitar cando e onde queiras, a través do noso repositorio de podcasts de Cuac FM: https://cuacfm.org/radioco/programmes/eleccions-reitoria-da-udc-2019/2019×1/

Os candidatos responden á audiencia 
Se es membro da Comunidade Universitaria da UDC ou simplemente lle queres facer unha pregunta aos candidatos, fainos chegar as túas preguntas a través da nosa web, as nosas redes sociais, ou, en directo durante o debate, no noso chat. Entre todas as vosas preguntas faremos unha selección que lles formularemos aos candidatos durante o debate. 

  1. Pregunta al Rector Abalde:

    Barja PSOE, Armesto BNG, Abalde PSOE, para las siguientes ya están preparando un candidato del BNG?

    ¿No se vale por usted solo para ganar una elecciones que tiene que recurrir a partidos políticos? ¿No sería más ético ir sin ataduras de ese tipo?

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.