Hoxe luns 13 CUAC FM celebra unha sesión informativa sobre Radio Barrio no Centro Ágora de 19 a 20:30 horas.

Buscamos xente artista e creativa, en especial dos barrios de Agra, O Ventorrillo, Mariñeiros, Sagrada Familia… Apúntate xa!
Radio Barrio é un proxecto dentro do programa Cultura de Barrio do Concello da Coruña. Non ten ningún custe para as persoas participantes

Hoxe luns 13 de novembro, CUAC FM achégase ao Centro Ágora de 19 a 20:30 para explicar en qué consiste o proxecto Radio Barrio e como podes participar.

Radio Barrio é un proxecto de CUAC FM que pretende dar a posibilidade ás persoas creativas e artistas da nosa cidade de experimentar na radio. Buscamos novos formatos, novas ideas e, sobre todo, dar a opción de poñerse diante dun micro a calquera que o desexe.

Tras a sesión informativa de hoxe, Radio Barrio continuará as súas actividades o vindeiro venres 17 de novembro cun obradoiro de radio e cultura dinamizado por Cuac e no que os participantes desenvolverán colectivamente o seu inxenio e creatividade a través dun proxecto radiofónico. O taller axudaranos a desenvolver as nosas habilidades comunicativas e artísticas dunha maneira práctica e moi divertida.

Como colofón, a terceira actividade deste Radio Barrio consistirá na gravación o venres 24 de novembro, dende o Centro Ágora, dun programa de radio cultural con público, dinamizado por Cuac Fm pero que contará con todos os participantes do obradoiro anterior.

Se sempre quixeches ser ARTISTA ou sair pola RADIO, Achégate ao Centro Ágora e participa no último Radio Barrio do ano.

Inscripcións:

Escribe un mail a comunicacion@cuacfm.org e indica no asunto: Radio Barrio Ágora.

Para a xuntanza informativa non é preciso apuntarse. Pero se non podes vir e queres participar os venres, escribe un mail a comunicacion@cuacfm.org e indica no asunto: Radio Barrio Ágora.

Buscamos xente creativa, con gañas de participar. Nada máis e nada menos. Anímate!

Estamos viviendo uns días moi intensos para CUAC FM. O venres estivemos co noso Proxecto Radio Barrio no Centro Cívico de San Diego. Na fotografía tedes a gran parte das persoas participantes. Para escoitar o programa, pincha neste enlace porque xa o emitimos onte pola tarde: Radio Barrio en San Diego

O sábado pola mañá convocamos á cidadanía coruñesa para presentar o noso Manifesto polo Dereito a comunicar CUAC FM que xa podes asinar (xa o teñen feito máis de 1000 persoas en poucas horas).

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.