1x2 Radio Barrio San Diego

...

1x2 Radio Barrio San Diego

Programa de Cuac FM gravado o 10 de novembro de 2017 no Centro Cívico San Diego dentro do plan #CulturaDeBarrio da Concellaría de Culturas do Concello da Coruña coa colaboración do IMCE. Este programa foi posible grazas á coprodución de varias persoas da veciñanza: Quique de Oza, Yosune Rodríguez, Antonio Vázquez, José Carlos Alonso, Santi Rey, Carmen, Luis, Paula Rey e Alberto Ose.

Neste programa a veciñanza quixo centrarse na cultura a pé de rúa (historia do barrio, política, sociedade, etc.) máis que na cultura artística, co que saíron dúas horas do máis reivindicativas. Como estes temas se entenden mellor coma procesos no tempo, decidimos visitar pasado, presente e futuro nunha máquina do tempo.

Empezamos, pois, visitando o pasado con Serafín Mourelle, poeta e mariñeiro pescador e veciño do barrio dende os 14 anos, Mario Novoa, profesor xubilado e cidadán do barrio, e Manolo Monge, sociólogo e expresidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Despois voltamos ao presente para falar de moitos dos temas que preocupan á veciñanza. Empezamos pola invisivilización do deporte feminino con Silvia Carregal, xornalista e ex xogadora do club Sal-Lence de fútbol sala feminino, e Leticia Vázquez, estudante de Calasancias e xogadora dun equipo de voleyball en risco de desaparición.

Logo Alberto Díaz, da Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas, explicou como este medio de transporte que hai quen quere relegar ao pasado pode ser clave na movilidade no futuro. A continuación, Emilio Vega, da Comisión Aberta pola Defensa do Común, ilustrounos sobre os usos privados que queren facer da fachada marítima que debería ser pública.

Despois chegou un sopro de aire fresco con Paula Rey, que nos ensinou que é o K-pop e nos fixo bailar, e Alberto Ose, que repasou o mundo dos superheroes de cómic… e tamén nos fixo bailar.

Proseguimos con Internet da túa cor favorita, onde Santi Rey e Cami Rey ensináronnos a utilizar as redes con cabeciña para evitarmos problemas.

E rematamos cun salto ao futuro, un futuro posible e plausible (todo pode ser) imaxinado por José Carlos Alonso e interpretado por Leticia Vazquez e Antonio Vázquez.

Durante o programa describimos e evolución ao longo da tarde do incomparable ceo de Oza, e escoitamos as lembranzas de Quique de Oza na súa odisea infantil á praia de Lazareto.

Presentado por Bea Ulalume, coa puntual e certeira axuda de Yosune Rodríguez. Mariano Fernández nos controis. Ozzy de Castro á rexiduría. Coa colaboración de Tomi Desastre, Carlos Reguera e Roberto Catoira.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 12 de Noviembre de 2017 a las 18:00

Programa: Radio Barrio

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo