Radio Barrio

...

Radio Barrio

En Cuac FM, como emisora comunitaria que somos, interésanos a radio de proximidade. Con Radio Barrio queremos dar a coñecer e facer visible o traballo de moitos e moitas artistas que existen nos barrios e fomentar a cultura da cidade. Temos creadores na porta do lado que probablemente non coñezamos. Así que, por unha banda, queremos poñer en contacto aos creadores coa súa veciñanza, e viceversa.

 

Pero ademais queremos facer algo experimental e estimulante onde os axentes culturais serán os encargados de facer o programa, buscando a hibridación, sacando a xente da súa zona de confort, poñendo a radio como xoguete e deixando que os artistas poñan a imaxinación. E a ver que sae.

 

Radio Barrio é un proxecto de Cuac FM dentro do plan #CulturaDeBarrio da Concellaría de Culturas do Concello da Coruña coa colaboración do IMCE. Será levado a cabo nos centros cívicos de Monte Alto, San Diego e Ágora.

Programme Details

Language: Galician

Category: Society & Culture

RSS:

Episodes

About

https://cuacfm.org/

Social Links

Our Address

comunicacion@cuacfm.org

This website is running RadioCo