#CuacResiste

#CuacResiste no Campo da Leña

MANIFESTO CUAC FM “POLO DEREITO A COMUNICAR”

O vindeiro sábado 11 de novembro, ás 13 horas, os socios e socias de CUAC FM, presentarán, nun acto público, no Campo da Leña da Coruña, o Manifesto polo dereito a comunicar.

O acto consistirá na lectura de devandito documento por parte de varios persoeiros públicos, representantes dos medios de comunicación, de diversos movementos sociais da sociedade civil e do activismo da bisbarra. A lectura do manifesto significará o punto de partida para unha recollida de sinaturas en favor do dereito de existencia dos medios comunitarios.

SESIÓN VERMÚ

Cuac FM convida a toda a súa audiencia e á cidadanía coruñesa a acompañarnos neste acto tan especial.

Tras a lectura do manifesto, celebraremos unha sesión vermú no Campo la Leña, con música e moito bo rollo, pois Cuac FM é, sobre todo, diversión! UNETE!

  1. HORTENSIA ROSSI says:

    CUAC RESISTE mejor si la sesion vermut la acompañamos con……¿ una comida compartida,in situ?????????????con comida o sin ella CUAC RESISTE¡¡

Deixar unha resposta